Na diversidade de respostas e propostas, a Hospitalidade foi xurdindo e foise recoñecendo como un elemento central e transversal, non só na acción dos xesuítas, senón especialmente na interacción entre migrantes e comunidades de tránsito e destino. As distintas iniciativas de Hospitalidade postas en marcha nas conferencias de Europa e América aprendéronnos como poder materializar a nosa acción cos seus distintos rostros e perspectivas.
No marco da GIAN de Migracións participan todas as Conferencias Xesuítas e impúlsase a idea dunha acción conxunta. Por fin abrimos a porta a esta acción global de sensibilización derredor da Hospitalidade, porque a Hospitalidade fortalece a nosa Esperanza, e a Esperanza é o Camiño.
A realidade da mobilidade humana é un fenómeno global. Por iso, as actividades de Camiños de Hospitalidade teñen lugar en distintos lugares do mundo, como mostra da fraternidade e da esperanza en que se basea a hospitalidade.
Caminata Hospitalidad Gran Canaria
Caminata Hospitalidad Tenerife (fecha tentativa)
Caminata Hospitalidad Vigo