Hai camiños que curan.

Por que saímos a camiñar? Este ano en HOSPITALIDAD.ES queremos camiñar coas persoas que se viron forzadas a abandonaren os seus fogares por mor da violencia, a pobreza ou a guerra. Así amosamos que a nosa sociedade está disposta e comprometida coa acollida e a inclusión social das persoas migrantes e refuxiadas.
Inspirámonos no traballo do padre Frans Van der Lugt, xesuíta, que viviu máis de 40 anos en Siria, onde organizaba estas camiñadas como forma de encontro intercultural e interrelixioso, amosando que tódalas persoas somos iguais e que podemos compartir e convivir xuntos e xuntas.

As rutas chegarán ao noso país despois de se teren realizado en varios países europeos.
Camiños de Hospitalidade terá o seu punto culminante en País Vasco, Navarra e Cataluña coa participación de persoas refuxiadas en Alemaña que camiñaron no seu día con Van der Lugt en Siria. Co gallo do 20 de xuño, Día Mundial das Persoas Refuxiadas seguiremos a expresar que queremos ser unha sociedade que coopera, acolle e convive coas persoas migrantes e refuxiadas

Que nos move a saír a camiñar?

Anímate a camiñar da man das persoas refuxiadas na túa cidade para ser terra de acollida.

Queres sumarte?

Apúntate aos nosos camiños en:
País Vasco / Navarra
E Cataluña.

Súmate ao resto de rutas noutros lugares. (Madrid, Canarias, Andalucía, Galicia, etc…). Ponte en contacto con Daniel Martínez en: contacto@hospitalidad.es

Queres DOAR?

Se non podes camiñar, podes colaborar con Hospitalidad difundindo a iniciativa, amosando o teu apoio en redes sociais ou cunha pequena achega.

Queres camiñar por libre?

Os teus quilómetros tamén suman solidariedade.

#GRACIASporVENIR

Foto / Sergi Cámara

Únete a #CAMINOSdeHOSPITALIDAD

Foto / Sergi Cámara

Tú participación es importante

¡Ven a CAMINAR!

Estes camiños de Hospitalidade xa están póndose en marcha. Están a organizarse accións solidarias en todo o país. Somos moitas as persoas dispostas a acoller. Podes sumarte a un dos camiños xa en marcha ou organizar a túa propia iniciativa.

O pasado ano entregamos 30.131 sinaturas reclamando ao Goberno a cooperación e a acollida das persoas refuxiadas. O Mediterráneo segue a ser a fronteira máis mortífera do mundo, a guerra de Siria segue a ser unha ferida que sangra, e moitos conflitos noutros lugares do mundo seguen a ser esquecidos, fronte a unha Europa que pecha as súas portas.
En HOSPITALIDAD</a non paramos e queremos continuar a denunciar, entregando os teus
quilómetros de solidariedade e apoio aos responsables políticos.