30.131 sinaturas pola Hospitalidade

Con motivo do Día Mundial das persoas refuxiadas, entregamos na Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración 30.131 sinaturas en apoio á nosa iniciativa  #YoSoyTierraDeAcogida.

Firmas

Con estas sinaturas pretendemos amosar o noso rexeitamento ás políticas que vulneran os dereitos humanos das máis de 65 millóns de persoas no mundo obrigadas a abandonaren os seus fogares pola violencia, a guerra, a pobreza, a desigualdade ou o cambio climático.
Pedimos ao Goberno que amose liderado na defensa perante a UE de políticas migratorias xustas en virtude das cales a dignidade e os dereitos humanos aparezan no centro.  Grazas á presión cidadá, continuaremos a reivindicar que España cumpra os seus compromisos e garanta os dereitos recoñecidos a quen chega ao noso país con necesidades de protección, destinando os recursos necesarios para acollelos coa dignidade e agarimo que estas persoas precisan.

Desde Hospitalidad.es, continuaremos a esixir unha política de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, de Sensibilización e de Acollemento dignamente dotada de recursos orzamentarios, non supeditada ao control de fronteiras e a incorporación da Educación para a Cidadanía Global ás políticas educativas, para fomentar sociedades de acollemento cohesionadas e pacíficas.