Organico

A acollida e o acompañamento forman parte da esencia do noso traballo como sector social. Están presentes en todas as nosas accións e son fundamentais para xerar cambios e procesos a favor da solidariedade e a inclusión.

Queremos estender e fortalecer a capacidade de acollida da nosa sociedade. Son moitas as persoas migrantes e refuxiadas que quedan desprotexidas ou están insuficientemente cubertas polo sistema de asilo. Por iso, a resposta que propoñemos inclúe tanto ás  persoas que proveñen das “cotas” europeas,  como a aquelas persoas que foxen da guerra, a persecución, a miseria ou os desastres ambientais e que atopan dificultades para acceder aos recursos oficiais de acollida, que están en lista de espera ou que pertencen a outros colectivos vulnerables como menores non acompañados, mulleres vítimas de trata, migrantes en situación irregular e sen recursos ou as persoas en tránsito.

Pretendemos que a nosa resposta xere unha rede de acollida que acompañe procesos de incorporación social.

Guías de acogida

ACOLLIDA RESIDENCIAL

01 / COMUNITARIA OU FAMILIAR

consistente en acoller a unha persoa ou familia durante un tempo medio de tres a seis meses. Estas persoas convértense nun membro máis da familia, en pé de igualdade e non como alguén que recibe un servizo.

02 / EN CASAS BALEIRAS, DEPENDENCIAS PARROQUIAIS OU OUTROS ESTABLECEMENTOS

para os casos de familias completas nos que é máis conveniente esta modalidade. Nesta situación reforzarase o acompañamento de titores.

03 / ALOXAMENTO DE EMERXENCIA

trátase de persoas que necesitan pasar a noite unha ou dúas noites para seguir cara a outros destinos ou que requiren aloxamento por un breve período de tempo mentres se tramita a súa entrada nos recursos oficiais.

Contamos contigo para acoller a estas persoas,
darlles unha benvida cálida e ofrecerlles o noso apoio

ACOLLIDA PARA O ACOMPAÑAMENTO E A INTEGRACIÓN

Por medio do labor das organizacións sociais da Compañía de Xesús e do voluntariado, queremos acompañar ás persoas que chegan á nosa comunidade con programas de acompañamento social, apoio xurídico, psicolóxico, educativo, atención á saúde, formación e orientación para o emprego e cobertura das necesidades básicas.

Un dos aspectos fundamentais nos procesos de integración é a dimensión relacional. A iniciativa de acollida pretende fortalecer as redes sociais para promover a autonomía e integración das persoas que cheguen a España. Por iso, é esencial a participación das persoas refuxiadas nas actividades e redes das comunidades de acollida.

Contamos contigo para acoller a estas persoas, darlles unha benvida cálida e ofrecerlles o noso apoio. Se estás interesado, déixanos os teus datos e poñerémonos en contacto.

Vídeos

Francia: Familias de acollida

A Historia de Ludo

Bizilagunak vAlta

    Quero acoller

    No deseo recibir información de otras campañas de Fundación San Juan del Castillo

      Quero ser voluntario/a

      No deseo recibir información de otras campañas de Fundación San Juan del Castillo

        Ofrezo espazos que favorecen a interrelación

        se coñeces iniciativas comunitarias, de participación, lecer e tempo libre, etc. Compárteas connosco:

        No deseo recibir información de otras campañas de Fundación San Juan del Castillo

        Top