Camiños pola paz

© Sergi Cámara

A iniciativa ‘Camiños de hospitalidade’ é unha homenaxe a todas as persoas que foxen do horror da guerra e da violencia, e que deben camiñar para pór a salvo a súa vida.       

En Siria, 12 anos de guerra xeraron xa o exilio forzoso de máis de 13 millóns de cidadáns e cidadás. Conflitos en África, América Latina, Ucraína e outras partes do mundo provocan que máis de 100 millóns de persoas se vexan forzadas a escapar da violencia, o empobrecemento, a falta de recursos de vida ou o cambio climático á procura dunha vida en paz e un futuro próspero. Europa é un continente trazado por camiños que millóns de persoas fixeron no pasado e continúan a facer no presente para construír sociedades de paz, de respecto dos dereitos humanos e de valores democráticos.

Estes camiños deben seguir abertos para as persoas que chaman á porta de Europa clamando acollida e tamén como símbolo da riqueza do intercambio e as oportunidades que ofrece para as nosas vidas seren cidades, pobos, rexións de hospitalidade. Construír o futuro xuntos e xuntas só é posible se xeramos unha cultura de hospitalidade, solidariedade e inclusión que estea baseada na paz.

En 2023 lanzamos a iniciativa   ‘Camiños pola paz’ en España, en colaboración con ECCA Social, Educsi (centros educativos xesuítas) e a Federación Española de Antigos Alumnos de Xesuítas; e en toda Europa, en colaboración co Servizo Xesuíta a Refuxiados Europa (JRS Europa), JECSE (rede europea de centros educativos xesuítas) e ECJA (Confederación Europa de Antigos Alumnos Xesuítas). Centos de persoas saíron camiñar en distintas cidades de todo o continente, clamando unha cultura de paz e hospitalidade.

 

Antecedentes

A iniciativa «Camiños de Paz» ten a súa orixe no legado que nos deixou o padre Frans Van der Lugt, xesuíta que morreu no asedio de Homs en 2014, após levar case 50 anos vivindo en Siria, onde fundara unha granxa e centro comunitario nas aforas da cidade. O padre Frans Van der Lugt era moi querido na súa comunidade e recoñecido polas súas andainas anuais polo monte de varios días de duración con mozas e mozos de todas as crenzas relixiosas e orixes. Camiños que foron precursores na defensa da humanidade, que simbolizan a paz e a convivencia entre pobos máis alá de ideoloxías, crenzas relixiosas, orixe ou xénero. Camiños que simbolizan o rexeitamento de toda forma de violencia, desigualdade e hostilidade.

En España, desde a campaña Hospitalidade recollemos o legado do padre Van der Lugt e en 2018 naceu esta iniciativa solidaria, que tivo continuidade ao longo destes anos, nos que miles de persoas saíron camiñar en decenas de cidades como mostra de apoio á dignidade das persoas refuxiadas.

QUERES PARTICIPAR NESTA INICIATIVA?

A túa axuda é fundamental para construír unha cultura de solidariedade e inclusión coas persoas refuxiadas e migrantes.

Skip to content