#CamiñosDeHospitalidade: centos de persoas a camiñaren por unha sociedade acolledora e solidaria

Centos de persoas sumáronse a camiñar por unha sociedade de acollida e inclusión coas persoas migrantes e refuxiadas nunha nova edición de #CamiñosDeHospitalidade. En máis de 10 cidades percorréronse decenas de quilómetros nestas marchas solidarias impulsadas polo Sector Social da Compañía de Xesús en España, amosando a vontade da sociedade de crear espazos de protección, Liberdade, dignidade e igualdade para as persoas migrantes e refuxiadas. Inspirados polo labor pola convivencia na diversidade do padre Frans Van der Lugt e centrados en torno á campaña #ThePowerofVote e o Día Internacional das Persoas Refuxiadas do 20 de xuño, miles de persoas reclamaron políticas que garantan os dereitos humanos das persoas migrantes e refuxiadas, que eviten dor, sufrimento e mortes en tantos lugares por tentar escapar da violencia, a miseria ou as condicións climáticas adversas.

Durante o mes de maio, como actos de mobilización e sensibilización previos ás eleccións europeas do domingo 26 no marco da acción #ThePowerofVote da XRS Europa, organizáronse numerosas camiñadas e actividades en lugares como Valencia, Madrid, País Vasco (Loiola), Córdoba ou Sevilla. Ademais, o pasado 22 de maio, fixemos entrega aos representantes do Parlamento Europeo en Madrid dun dossier coas nosas reivindicacións políticas e sociais de #CamiñosdeHospitalidade. Velaquí algúns dos lugares onde tamén saímos a camiñar durante o último mes de xuño:


GALICIA

En Galicia, grazas á organización conxunta das tres delegacións de Entreculturas da rexión, o pasado sábado 1 de xuño decenas de persoas participaron nunha camiñada urbana polas rúas de Santiago de Compostela. Voluntariado, traballadores, técnicos, simpatizantes reuníronse na capital galega para celebrar unha xornada de mobilización e incidencia política polos dereitos das persoas refuxiadas.

O obxectivo da camiñada foi parar nas “zonas de non poder” da cidade, pero que si teñen unha gran vinculación coa mobilidade humana, coa solidariedade e a acollida. A primeira parada foi nos soportais dunha praza, a do Toural onde adoitan durmir as persoas sen fogar. A segunda en Cáritas e no seu centro Vieiro, un lugar de acollida para persoas que precisen dun espazo para se asearen, conversar e compartir a mesa. E por último, Vagalume, un proxecto das Oblatas de Santiago que dá protección e axuda a mulleres vítimas de trata, explotadas sexualmente e que nesa casa teñen un lugar onde atoparen acompañamento, respecto e dignidade.

ALACANTE

A II Marcha pola Hospitalidade subiu de novo á Serra Grossa de Alacante o pasado venres 14 de xuño. Centos de persoas sumáronse ao chamado conxunto de diversas organizacións e colectivos sociais que lanzaron a iniciativa #SomosRefuxio, entre as que se atopaba a rede intraeclesial #MigrantesconDerechos, Entreculturas ou CEAR. Coa saída no Colexio Inmaculada Xesuítas, a marcha percorreu os quilómetros de subida e tivo unha serie de actos simbólicos finais co mar Mediterráneo de fondo, tristemente convertido nun escenario de morte e sufrimento.

ASTURIAS

A comisión da campaña Hospitalidad PAL de Asturias, que aglutina entidades sociais, como a Fundación Hogar de San José ou a delegación de Entreculturas Asturias; centros pastorais; e centros educativos, como os Colexios Inmaculada de Gijón o San Ignacio de Oviedo; ademais doutras persoas e entidades, organizou a camiñada pola Hospitalidade o pasado domingo 16 de xuño. Con saída desde o parque de Inverno da capital asturiana, centos de persoas percorreron os algo máis de 10 quilómetros que distan da zona do Priorio, en Las Caldas.

Unha vez finalizada a marcha que reclamaba unha sociedade acolledora e inclusiva, tivo lugar a eucaristía na parroquia de Priorio e un xantar compartido por todas as persoas participantes. Houbo tempo tamén para xogos cos cativos, palestras, descansar e un paseo.

VALLADOLID

En Valladolid, co gallo da xornada previa ao Día Mundial do Refuxiado, o pasado mércores 19 de xuño, centos de persoas participaron na actividade de #CamiñosdeHospitalidade, con saída na céntrica Praza Maior da capital pucelana. Cun percorrido similar ao de 2018, as persoas participantes camiñaron polo Camiño Vello de Simancas ata a fin da marcha na Escola INEA ás aforas da cidade.

Grazas á PAL Social de Valladolid (Fundación Red Íncola, Entreculturas Valladolid e Fundación INEA), que organizaron a xornada, decenas de persoas sumáronse a camiñar en solidariedade coas persoas migrantes e refuxiadas: CVX, voluntariado, traballadores, amigos, compañeiros, batucada social… unha vez en INEA, compartíronse varios momentos: a lectura dun manifesto con reivindicacións e esperanzas; danza contemplativa, a planta dunha oliveira nos xardíns e unha merenda para todos.

MÁLAGA

O sábado 22 de junio varias entidades sociais da cidade malagueña, entre as que se atopaba Entreculturas Málaga e Hospitalidad, uníronse para organizar a primeira camiñada pola Hospitalidad, a acollida e a inclusión coas persoas migrantes e refuxiadas na  Plataforma de Solidaridad con Los Inmigrantes de Málaga, canda a Coordinadora Local de ONGD. Con saída fronte ao Teatro Romano, a camiñada urbana percorreu puntos significativos da cidade para rematar con lectura de manifesto na Praza Constitución e unha comida común no Centro Arrupe Málaga.

Centos de persoas sumáronse ao chamamento da amarcha, léronse testemuños en primeira persoas e reivindicáronse políticas de protección e acollida, máis respectuosas cos dereitos humanos, ademais de esixir a fin das vidas perdidas no mar Mediterráneo.

 

BURGOS

O pasado mércores 26 de xuño as entidades sociais burgalesas xesuítas, lideradas por Entreculturas Burgos e Atalaya Intercultural, canda outras entidades como Burgos Acoge ou Cruz Vermella, lanzaron a nova edición de #CamiñosdeHospitalidade, transformando o Camiño de Santiago nun camiño solidario e de encontro de culturas.

Con saída en Burgos, los participantes percorreron os 13 quilómetros de distancia ata o municipio de Rabé de las Calzadas, onde tivo un lugar un encontro final con merenda compartida e a intervención de François Xavier Nsababandi, director de JRS Burundi, que presentou a campaña ‘Escolas Refuxio‘ de Entreculturas e narrou o traballo que realiza a entidade coa poboación refuxiada no país africano e as oportunidades que a educación e a formación ofrecen como forma de protección perante un contexto de violencia.