Círculos de Silencio para a Xornada Mundial do Migrante e Refuxiado

A Conferencia Episcopal lanza a Xornada Mundial do Migrante e Refuxiado que se celebra o próximo 14 de xaneiro cos catro verbos (Acoller, Protexer, Promover e Integrar) como o lema principal, baseado na Mensaxe do Papa para esta xornada e co pano de fondo dos Pactos Globais en Migración e Asilo das Nacións Unidas para este ano.

As entidades que integramos a Rede Migrantes con Dereitos (a campaña Hospitalidad dento do Sector Social de Xesuítas, integrado en CONFER, máis Justicia y Paz, a Comisión Episcopal de Migraciones e Cáritas) sumámonos e convidámosvos a organizardes e celebrardes un círculo do silencio o próximo 14 de xaneiro en cada cidade, baixo o lema: “Ningún inverno máis. Queremos acoller, protexer, promover e integrar”.2018_jornada_migraciones_cartel_portada-1

Pero, que é un círculo do silencio e como preparalo?

  • O círculo do silencio é unha acción de rúa na que se dá visibilidade a algunha relevante. Nesta ocasión é a realidade que están a vivir as persoas migrantes e refuxiadas este inverno.
  • A preparación e celebración do círculo do silencio deberá de ser tan variada e creativa como o sexa cada persoa ou entidade, pero velaquí algunhas pistas.
    • Celébrase ao ar libre, nun lugar céntrico e visible da localidade. Trátase de que os vexa a xente, de dar a posibilidade de que se sumen.
    • Normalmente todo xira ao redor dun círculo de persoas. Pódense pór candeas, carteis, fotos, chalecos salvavidas, mantas e todo aquilo que poida ambientar.
    • Pódense cantar cancións, traer testemuños, ler textos. Nesta ocasión, anexamos un díptico en pdf que resume os 20 puntos de acción. O Papa realizou dito resumo en torno de 4 verbos: Acoller, protexer, promover e integrar.
    • Pero o silencio ten un lugar significativo nos círculos. Así é que lle deixamos un espazo.

É importante celebrar o círculo do silencio, tornalo visible tamén nas redes sociais. Pedimos que toda persoa participante faga unha foto significativa e a pendure nas redes sociais. O cancelo que empregaremos é: #MigrantesConDerechos. Animámosvos a que, a partir de hoxe e durante os días previos á Xornada Mundial do Migrante e Refuxiado (14 de xaneiro), compartades mensaxes nas redes sociais. Deste xeito, conseguiremos sensibilizar os nosos seguidores, facéndolles ver a realidade de tantas persoas que sofren e o traballo que realizamos xunto a elas.