Organico

Unha parte importante da nosa resposta é o traballo sobre as causas que xeran os movementos migratorios forzosos nos países de orixe, o acompañamento nos lugares de tránsito e o servizo noutros países de destino.

Non esquecemos ás persoas que non puideron escapar do conflito, así como aquelas que están na procura dunha vida digna e segura. É crucial acompañar aos máis vulnerables máis aló das nosas fronteiras, polo tanto, a nosa experiencia de cooperación internacional apoiando o traballo do Servizo Xesuíta aos Refuxiados é unha parte irrenunciable da no resposta.

Desde as nosas organizacións de Cooperación Internacional – Entreculturas e Alboan – acompañamos, servimos e defendemos os dereitos dos refuxiados e desprazados nas rexións de Oriente Medio, África Oriental, África Occidental, Grandes Lagos, África Austral, Europa, Latinoamérica e Caribe. Traballamos por unha educación de calidade para nenos e nenas refuxiadas, formación profesional de persoas adultas, así como outros servizos de acompañamento psicosocial de migrantes forzosos.

Desde a área de cooperación internacional destacamos as seguintes intervencións para dar unha resposta á crise migratoria que vivimos nestes momentos:

Apoio educativo para poboación siria refuxiada en Líbano

ver máis

Líbano con máis dun millón de refuxiados sirios, fai fronte ao gran reto de garantir o dereito á educación de máis de medio millón de nenos e nenas sirias en idade escolar. Para contribuír a este gran reto, apoiamos ao Servizo Xesuíta a Refuxiados nos seus programas de educación de educación en distintos lugares do país: Bourj Hammoud, Jibeil e Kfar Zabad

A través deste proxecto, apoiamos á poboación refuxiada siria, garantindo o dereito á educación a 1.440 nenos e nenas en cinco escolas en Bekaa, unha das zonas de maior concentración de persoas refuxiadas. Ademais da organización e desenvolvemento das clases, apoiamos cun kit escolar para a volta a clase, un almorzo que lles permita un bo rendemento escolar, o apoio psicosocial a través de traballadores sociais e un kit de hixiene para cada estudante.

cerrar

Axuda de emerxencia refuxiados en Europa

ver máis

En 2015, máis de 860.000 persoas refuxiadas chegaron a Europa polo Mediterráneo en busca de protección. Chegaron fuxindo dalgúns dos principais conflitos do mundo: Siria, Afganistán, Eritrea, Somalia, Nixeria e Sudán do Sur. O Servizo Xesuíta a Refuxiados Europa que xa viña acompañando a moitos destes refuxiados en Europa, lanzou unha intervención de emerxencia para responder as necesidades crecentes destes refuxiados, despregando a súa intervención en 13 países europeos, atendendo aos refuxiados tantos nos países de chegada, como de tránsito e naqueles de acollida final.

A área de cooperación centrará os seus esforzos no apoio á intervención do Servizo Xesuíta a Refuxiados en Hungría, a través dun proxecto educativo de asistencia a 50 menores non acompañados, asistencia para a integración de refuxiados e asistencia legal. Tamén se apoiará a estrutura do Servizo Xesuíta a Refuxiados rexional de maneira que se garanta un traballo de maior calidade nos distintos proxectos europeos.

cerrar

Mellorado o acceso a unha educación inclusiva e de calidade para a poboación local e desprazada de Goma e Masisi no leste da R.D Congo

ver máis

O leste do Congo leva máis de 20 anos de guerra, o que provoca que un grande número de persoas estén refuxiadas en países veciños como Uganda. Moitas outras persoas comezan un longo camiño cara a Europa, e para a maioría non lles queda outra que desprazarse dentro do mesmo país en procura de lugares máis seguros. Masisi é unha das zonas con maior número de desprazados internos no leste do Congo, onde nenos e nenas, e mulleres, son os colectivos máis vulnerables e afectados polo conflito.

Desde Entreculturas e Alboan, levamos moito tempo apostando pola mellora das condicións educativas da zona, tentando garantir o dereito á educación dos desprazados. Deste xeito realizamos diversas actividades como: apoio ao alumnado para a súa escolarización e a acreditación dos estudos de secundaria; formación de comités escolares; formación de profesores; distribución de material didáctico e material escolar e apoio doutras actividades extra-escolares para o desenvolvemento das habilidades psicosociais do alumnado. Apoiar a educación é apoiar a paz do país.

cerrar

Educación para poboación refuxiada en Maban

ver máis

Sudán do Sur vive un longo conflito que provocou o refuxio de máis de 750.000 persoas e o desprazamento interno de máis de dous millóns de persoas. As necesidades humanitarias son enormes e as axudas chegan con contagotas, cando as prioridades do mundo desenvolvido atópase noutros lugares.

O Servizo Xesuíta a Refuxiados traballa no país desde fai máis de dez anos e actualmente unha das súas principais iniciativas atópase en Maban, na fronteira con Sudán. O obxectivo do seu traballo é mellorar o benestar desta poboación vulnerable a través da educación e o apoio psicosocial a máis de 15.000 persoas refuxiadas, desprazadas e familias das comunidades de acollida.

cerrar

Axuda a migrantes forzosos na fronteira Melilla – Nador

ver máis

O sector social da Compañía de Xesús colabora coa Diocese de Tánxer en Nador no acompañamento da poboación migrante que chega de diversos países de África á fronteira con Europa. Moitos destes migrantes víronse forzados a fuxir de países como Nixeria, Congo, Mali ou outras situacións de crises no continente africano.

O traballo é diverso e pasa por un apoio básico en saúde, unha atención máis duradeira en casos de gran vulnerabilidade, así como unha resposta a diversas emerxencias a través da distribución de comida, mantas e roupa. Neste traballo o máis importante é sempre un acompañamento próximo ás persoas migrantes e refuxiadas.

cerrar

    Se queres recibir o noso boletín de noticias déixanos os teus datos:

    No deseo recibir información de otras campañas de Fundación Entreculturas

    No deseo recibir información de otras campañas de Fundación Migra-Studium

    Top