Día das Persoas Migrantes: conflitos esquecidos de Centroamérica, historias invisibles

Co gallo do Día Internacional das Persoas Migrantes, que se celebra o 18 de decembro, desde a campaña Hospitalidad queremos dar voz e visibilidade ás persoas migrantes centroamericanas que están a fuxir desde os seus países onde o clima de violencia xeneralizada e a persecución por parte do Estado non lles permite vivir en paz e tranquilidade.

Recentemente publicamos o comunicado ‘Caravanas Invisibles’, que alertaba da invisibilidade que sofren as persoas migrantes centroamericanas que están lonxe dos focos da mediática Caravana Migrante. Neste documento, desde Hospitalidad analizamos a situación social de Honduras, un país onde o alto índice de desemprego e de pobreza, a corrupción do goberno, a proliferación de bandas criminais e a falta de perspectiva de futuro nun clima de violencia empurraba a miles de persoas a abandonaren o país. Ademais, profundamos nas causas destes fluxos migratorios, analizamos as respostas do goberno de México, EEUU e España, e lanzamos cinco propostas para non esquecer as “outras caravanas invisibles”:

  • Atención humanitaria e protección a migrantes centroamericanos.
  • Ir á raíz do problema: analizar causas e causantes.
  • Mudar o sistema de asilo en España.
  • Promover unha cultura de Hospitalidad entre pobos e persoas.
  • Contemplar a migración como unha oportunidade e un dereito.

 

 

Con motivo deste Día do migrante, traemos a historia de José, migrante hondureño, e Tony, nicaraguano. Ambos chegaron a España fuxindo dunha realidade onde a violencia e a ameaza á integridade física é cotiá. O Centro Padre Rubio de Madrid acompáñaos na súa busca de emprego e nos seus procesos de integración social, incluíndo cursos de formación e atención xurídica. A súa historia invisibilizada é a dunha serie de conflitos esquecidos: os dos países do triángulo centroamericano: Nicaragua, El Salvador e Honduras.

Unha historia de Estados de Dereito que se derruban perante a corrupción e a violencia xeneralizadas, de conflitos esquecidos e invisibilizados. Historias invisibles de persoas migrantes que perante a imposibilidade de continuar a vivir no seu país e de fuxir a outros países como México, EEUU ou Costa Rica, onde a travesía é igual ou máis perigosa aínda, chegan a España buscando un proxecto de futuro, buscando vivir en paz e tranquilidade. Porque detrás das cifras de persoas migrantes que se desprazan hai historias que merecen ser visibles.

 

PODES VER AQUÍ O VÍDEO DE HISTORIAS INVISIBLES