O Parlamento de Navarra abre as súas portas a defensoras dos Dereitos Humanos de migrantes en Centroamérica

O pasado 20 de febreiro, e coincidindo coa celebración do Día Mundial da Xustiza Social, a Comisión de Solidariedade e Convivencia do Parlamento de Navarra recibiu unha delegación da Rede Xesuíta con Migrantes de Centroamérica e América do Norte, RJM-CANA, que acudiu acompañada por integrantes ALBOAN.

Karla Rivas, do Equipo de Reflexión, Investigación e Comunicación, ERIC, de Honduras e Andrea Villaseñor, directora do Servizo Xesuíta a Refuxiados de México, tiveron a oportunidade de trasladar a este órgano a situación na que se encontran as decenas de miles de persoas que cada ano migran desde Centroamérica cara aos Estados Unidos, vía México.

O fluxo migratorio que parte do triángulo norte de Centroamérica – Honduras, El Salvador, Guatemala- e se dirixe cara aos Estados Unidos é o maior do mundo. Nos últimos meses a afluencia de migrantes intensificáronse en forma de Caravanas, que se organizan unha atrás doutra. Algunhas voces considérano un verdadeiro éxodo.

A resposta da Compañía de Xesús ás migracións en América Latina articúlase a través da Rede Xesuíta con Migrantes Latinoamérica e Caribe, RXM LAC, un de cuxos compoñentes é a RXM CANA, presente en todos os países de orixe, tránsito e destino do corredor migratorio centroamericano.

Antes da referida sesión de traballo, as persoas integrantes da Comisión sumáronse a unha visita guiada da exposición STAND BY: Máis alá das fronteiras, que se encontra instalada no atrio do Parlamento ata o próximo 28 de febreiro. Dita visita correu a cargo do autor da mesma o fotoxornalista Iván Benítez.  A mostra está organizada por ALBOAN e está composta por instantáneas das Caravanas de migrantes ao seu paso por México e por outras imaxes de persoas refuxiadas sirias.

Karla Rivas e Andrea Villaseñor tiveron en Navarra unha intensa axenda que inclúe unha conferencia na Casa da Xuventude o pasado martes, así como encontros coas áreas de Cooperación do Concello de Pamplona e do Goberno de Navarra, con entidades locais, e visitas a centros educativos en Pamplona e Tudela. Posteriormente ofreceron sendas palestras en Bilbao, Vitoria-Gasteiz e San Sebastián.