Entregamos as propostas políticas de #CamiñosdeHospitalidade ao Parlamento Europeo

Este mércores 22 de maio a campaña Hospitalidad entregou as propostas políticas de #CamiñosDeHospitalidade aos representantes do Parlamento Europeo en Madrid de cara ás próximas eleccións europeos do próximo 26 de maio. Mediante un dossier resumo das camiñadas de encontro intercultural que se celebraron e se celebrarán canda as persoas migrantes e refuxiadas en 15 lugares, reivindicamos unha Europa de protección, liberdade, dignidade, igualdade e cooperación no contexto dunhas eleccións chave. Unha representación das entidades do Sector Social que impulsan a campaña Hospitalidad fixo entrega das peticións en chave política para estas próximas eleccións na oficina do Parlamento Europeo no madrileño paseo da Castellana.

Este ano as marchas pola Hospitalidade están inspiradas polo traballo que o Servizo Xesuíta a Refuxiados (JRS Europe) fai a prol das persoas migrantes e refuxiadas nos distintos estados europeos membros. Para sensibilizar sobre a necesidade de construír unha Europa de dereitos fronte a un crecente discurso xenófobo, lanzaron a campaña #ThePowerofVote que anima a cidadanía europea a participar nas próximas eleccións europeas co compromiso e a vontade de crear unha Europa que sexa fiel aos seus valores de protección, liberdade, dignidade e igualdade, e defenda os dereitos da persoas migrantes e refuxiadas.

Ao redor de 400 persoas participaron na segunda edición de #CamiñosdeHospitalidade deste ano 2019 en camiñadas celebradas en Valencia, Madrid, País Vasco e Córdoba. Proximamente tamén se organizarán actividades en Galicia, Asturias, Valladolid e Burgos, entre outras cidades.