SOMOS MIGRANTES continúa percorrendo España para visibilizar a situación de persoas migrantes na fronteira mexicana con Estados Unidos e na fronteira hispano-marroquí a través de 20 fotografías.
A exposición “Somos Migrantes”, promovida por Entreculturas xunto co Servizo Xesuíta a Migrantes ten a súa orixe en México, onde o Servizo Xesuíta a Migrantes traballa para construír unha cultura de encontro e acollida cara ás persoas migrantes. O Servizo Xesuíta a Migrantes -México defende o dereito dos migrantes a saír libremente dos seus países de orixe e ocúpase da protección dos seus dereitos humanos, que tantas veces son vulnerados por parte do crime organizado, as forzas de policía, os gobernos locais…
Ao longo da andaina da exposición fotográfica, incluíronse imaxes da fronteira sur hispano-marroquí, onde o Servizo Xesuíta a Migrantes España apoia a persoas migrantes e refuxiadas que arriscan a vida para buscar seguridade en Europa, que responde con políticas de control migratorio moi restritivas. O Servizo Xesuíta a Migrantes – España avoga por un tratamento respectuoso e xusto de todas as persoas inmigrantes afectadas pola política europea e defende o seu acceso aos dereitos fundamentais consagrados no dereito internacional, europeo e español.
Esta exposición achega a realidade destas persoas durante as súas longas viaxes e convídanos a lembrar que a migración está e estivo presente na vida de cada un de nós e a defender que a liberdade para saír de calquera país é un dereito fundamental de todas as persoas. Non podemos esquecer que todos SOMOS MIGRANTES.
Para seguir o itinerario da exposición e saber máis sobre os autores das imaxes e os proxectos, visita Somos Migrantes.
Tu ayuda es fundamental para construir una cultura de solidaridad e inclusión con las personas refugiadas y migrantes.
A túa axuda é fundamental para construír unha cultura de solidariedade e inclusión coas persoas refuxiadas e migrantes.
La teva ajuda és fonamental per a construir una cultura de solidaritat i inclusió amb les persones refugiades i migrants.
Zure laguntza funtsezkoa da errefuxiatuekiko eta migratzaileekiko elkartasun- eta inklusio-kultura eraikitzeko.
Your help is essential to build a culture of solidarity and inclusion with refugees and migrants.