Relatorio EPU: o sistema de asilo español a exame

15 entidades sociais, entre as que se encontra Pueblos Unidos-SJM, presentaron un relatorio sobre as vulneracións no sistema de protección internacional e de acollemento do Estado español no marco do Exame Periódico Universal das Nacións Unidas.


A situación dos dereitos humanos no Estado Español será revisada, o próximo xaneiro de 2020, polo Consello de Dereitos Humanos da ONU a través do Exame Periódico Universal (EPU), un mecanismo que de maneira quinquenal realiza esta revisión nos 193 países membros.

Para este exame, as Nacións Unidas contan cos relatorios dos propios estados que participan, a información que se recolle a través de diferentes organismos e mecanismos da ONU e as achegas das institucións nacionais de dereitos humanos así como das organizacións da sociedade civil.

15 organizacións que traballa polos dereitos das persoas migrantes e refuxiadas, uníronse na plataforma PlatRefugio para presentar a este exame o Relatorio sobre a situación dos dereitos Humanos no sistema de protección internacional e acollida do Estado español. Nel recóllense vulneracións que se dan ao longo de todo o proceso de solicitude de protección internacional en España, desde que se solicita na fronteira ou en territorio, ata que se resolve a solicitude.

Este relatorio preséntase de forma conxunta como PlatRefugio ás seguintes entidades: ActívaT en Derechos Humanos, Andalucía Acoge, Asociación ELIN, Asociación Pro Derechos Humanos de España, CESAL, Diaconía, Federación SOS Racismo, Foro de abogad@s de izquierdas – Red de abogad@s demócratas, Fundación la Merced Migraciones, Irídia – Centro para la defensa de los Derechos Humanos, Movimiento por la Paz (MPDL), Pueblos Unidos – SJM, Provivienda, Red Acoge e Stop Mare Mortum

 

Podes ler o relatorio completo nesta ligazón

Se queres adherir a túa entidade podes facelo cubrindo este formulario