Jesuiten Etxea fai 10 anos

A Comunidade de Hospitalidade de Jesuiten Etxea de Durango, Biscaia, fixo 10 anos en 2017. Nesta década, desde que acolleran a primeira persoa migrante alá polo ano 2007, o grupo de xesuítas, traballadores e voluntarios afanouse en facer desta casa un verdadeiro fogar para aquela xente que ven fuxindo da miseria e a violencia

A través de aulas de formación en linguas e habilidades laborais e de actividades de lecer e sociocomunitarias, traballan no labor de integración social e a autonomía destas persoas. Ademais, coa axuda do Colexio San José Xesuítas que se atopa moi preto da casa e de outras organizacións sociais e persoas anónimas, xesuítas e laicas, conseguiron afianzar a sostibilidade económica do proxecto.

Este último ano alcanzou a cifra de 50 persoas acollidas nestes dez anos de existencia. En moitos casos tras un ano de acollemento na comunidade, ofrécese a oportunidade de pasar a un piso de transición á autonomía, acompañado pola rede de voluntariado. Como sinala o xesuíta Michael Pastor, “se cadra agora o que toca é reformular a organización e conseguir que sexan os acollidos os que acollan.” E conseguir que Jesuiten Etexea continúe a ser o que é: unha obra humilde, é abrir portas, mirar, escoitar, axudar e acoller; sentir aquilo que o outro nos quere dicir. Cunha miseria enorme con milleiros de persoas que non teñen para comer, Jesuiten Etxea achega o seu traballo e axuda a integrar estas persoas en situación límite, e denunciar estas situacións con outras institucións. O Evanxeo é a inspiración: “Amádevos os uns aos outros”.

Podes ver AQUÍ o Vídeo do X Aniversario da Comunidade de Jesuiten Etxea de Durango