Xornadas Interculturais en Tudela

O xoves 11 de maio foi presentado aos medios de comunicación o programa de actividades das xornadas interculturais de Tudela. O Centro Padre Lasa de Tudela, Navarra, organizou as VIII xornadas interculturais baixo o lema: Construír pontes para superar muros, en colaboración co Concello de Tudela, Castel-Ruiz, ANAC (asociación Navarra de altas capacidades) e o grupo Quetzal. Contamos tamén co patrocinio de Aceites Urzante, Uvesa, supermecados Simply, a Cooperativa San Esteban de Arguedas e La Caixa.

Nas xornadas participaron 8 tradicións culturais diferentes, autóctonas e foráneas de 14 asociacións con sede en Tudela. Deste xeito, o Centro Lasa contribuíu ao achegamento entre culturas alén de facer visible, nun ambiente de celebración, a presenza dos colectivos inmigrantes ao coincidir as xornadas co 21 de maio, Día mundial da diversidade cultural para o diálogo e o desenvolvemento.

tudela1

Os actos comezaron o día 19 de maio coa proxección do filme WALLS (Muros) de Pablo Iraburu e Migueltxo Molina. Trala proxección deu inicio un parladoiro co director Migueltxo Molina en torno ao tema das persoas refuxiadas, os muros e a acollida.

O día 20 tivo lugar o Festival das Culturas con actuacións representativas de diferentes culturas e nacionalidades: danzas de Bolivia e Ecuador, música do Senegal e Nixeria, xotas, sevillanas, dantzaris, gaiteiros, xigantes, flamenco xitano…

Paralelamente as diferentes asociacións e colectivos prepararon os “Arroces do mundo” actividade na cal tomaron parte numerosas asociacións da localidade navarra.

Como colofón, o domingo 28 de maio levouse a cabo unha concentración na ponte do Ebro cos lemas “Eu son terra de acollida” e “Eu tendo pontes”.  Este acto enmárcase dentro da campaña de Hospitalidad e ten por obxectivo tornar visible a paralización das entidades competentes en favor das persoas refuxiadas.

Durante todos os actos permaneceu instalada unha mesa para a recolla de sinaturas co lema “Eu son terra de acollida”. Estas sinaturas han de se xuntar ás mais de 13000 que se están a recoller en toda España desde hai meses e serán entregadas no Congreso dos Deputados o próximo 20 de xuño, Día internacional das persoas refuxiadas.