A exposición fotográfica Somos Migrantes, en Esade Barcelona e UMH Elche

A mostra fotográfica Somos Migrantes continúa o seu percorrido mostrando a realidade das persoas migrantes e refuxiadas en distintas fronteiras do planeta.

Esta vez chega ao campus de Sant Cugat (Barcelona) de ESADEpara quedarse durante todo o curso académico, desde este mes de novembro ata xuño de 2020. Pódese visitar no Edificio Docente, Planta Baixa, na sede de Sant Cugat del Vallès, cun formato renovado e de tamaño máis reducido. Grazas ao empuxe da delegación Entrecultures de Barcelona.

Pero, ademais, grazas ao labor da Universidade Miguel Hernández e da delegación de Alacante de Entreculturas, a exposición Somos Migrantes, no seu formato orixinal, chega para ser exposta no Edificio Altabix da UMH en Elxe. Será inaugurada este próximo xoves 4 de decembro e estará exposta ata o sábado 21. Grazas á Universidade e, en concreto, ao Máster de Cooperación, por facer posible este evento.