A exposicón Somos Migrantes en centros educativos de Andalucía

A Exposición Somos Migrantes chega nun novo formato a diferentes centros educativos de Andalucía, concretamente ás provincias de Cádiz, Sevilla e Córdoba. Grazas á organización e promoción por parte de Entreculturas (delegación local de Sevilla)  e o apoio da Asociación Claver-SJM, o alumnado e profesorado dun total de nove colexios e institutos poderán gozar desta mostra fotográfica que nos amosa a realidade das persoas migrantes en diferentes puntos do planeta.

Somos Migrantes percorrerá nove localidades diferentes das provincias de Cádiz, Sevilla e Córdoba desde este luns 21 de xaneiro ata o próximo mes de abril. Velaquí o calendario da mostra (actualizable):

  • IES Botánico de San Fernando (Cádiz): do 21 ao 27 de xaneiro.
  • IES Alcaria (Puebla del Río, Sevilla): do 21 ao 27 de xaneiro
  • Colexio Amor de Dios en Cádiz: do 28 de xaneiro ao 3 de febreiro
  • IES Inca Garcilaso en Montilla (Córdoba): do 28 de xaneiro ao 3 de febreiro.
  • IES Azahar en Sevilla: do 28 de xaneiro ao 3 de febreiro.
  • IES Huerta del Rosario en Chiclana (Cádiz): do 4 ao 8 de febreiro
  • IES Santo Domingo en El Puerto de Santa María (Cádiz): do 11 ao 17 de febreiro.
  • CEIP Andalucía en Cádiz: do 18 ao 24 de febreiro.
  • SAFA Chiclana (Cádiz): do 22 ao 28 de abril.