A exposición Somos Migrantes chega de novo á cidade de Vigo

A exposición Somos Migrantes segue de xira por Galicia. Trala súa estadía na parroquia de San Pedro Mezonzo, na Coruña, este mes de outubro chega de novo á cidade de Vigo, onde fora visitada na Casa das Artes.

Neste caso exponse ata finais de ano na parroquia dos dominicos, Cristo da Vitoria, no popular barrio de Coia. Alí, as súas comunidades de adultos e mozos catequistas traballarán ao redor dos conceptos de refuxio, migrantes e hospitalidade durante todo este curso.

As fotografías están expostas no interior do templo e son paso obrigado para calquera persoa que acuda ás celebracións desta parroquia. A exposición complementarase con palestras e proxeccións. Estará dispoñible para visitar ata finais de novembro.