A Rede COMPARTE apoia #YoTiendoPuentes da Campaña Hospitalidad.es

Delegacións procedentes de 9 países de América Latina e de diferentes puntos de España reúnense en Loyola e outros puntos do País Vasco desde o 15 ao 21 de maio no 4º encontro da rede COMPARTE co lema “Encontro, intercambio e colaboración para a construción de economías alternativas”.

redcomparte

COMPARTE é unha comunidade de aprendizaxe e acción formada por centros sociais, corporacións, ONGs, cooperativas e universidades que, desde unha visión integral, tentan construír alternativas de desenvolvemento socioeconómico de impacto territorial.  Convencida de que o actual modelo económico imperante é insostible e recorrente causa de inxustiza e desigualdade, COMPARTE nace do liderado do Sector Social da Conferencia de Provinciais de América Latina (CPAL) e ALBOAN en xuño de 2011. Desde entón, a rede de organizacións sociais da CPAL fai seu COMPARTE e asúmese como un programa máis da conferencia latinoamericana.

A Rede COMPARTE quíxose sumar no seu encontro á campaña Hospitalidad.es, na cal lanzamos unha proposta de acto de mobilización para o próximo 28 de maio. En continuidade coa iniciativa #YoSoyTierraDeAcogida, convócase baixo o concepto #YoTiendoPuentes. Ponte, como símbolo que conecta, que une, abre paso e mudanza porque as pontes dos nosos pobos e cidades serviron para comunicar, conectar, favorecer o encontro e a integración.

Até o 19 de juño, véspera do Día Mundial dos Refuxiados, desde a Campaña Hospitalidad.es, xunto á Familia Ignaciana e en especial o Sector Social en España animámosvos a continuardes a asinar en: http://bit.ly/Yosoytierradeacogida