A Rede de Mozas e Mozos de ALBOANen Gazte Sarea prepárase Alén das fronteiras

A última fin de semana de xaneiro foi a do encontro de begirales -monitores e monitoras- da Rede Mozos e Mozas de ALBOANen Gazte Sarea en Loyola. Este grupo de 15 mozos e mozas reuníronse para comezar a traballar e preparar o encontro da Rede de Mozos e Mozas que terá lugar o próximo mes de abril e que congregará, tal como nos anos anteriores, máis de 100 mozos e mozas de grupos procedentes do País Vasco e Navarra. Este ano a Red de Jóvenes coordínase co equipo de Mugetatik Haratago- Más allá de las fronteras, a proposta educativa que desde hai máis de dous anos está a achegar a realidade das persoas que chegan onda nós tras se teren visto obrigadas a abandonar os seus fogares, para traballar por un mundo que acolla a tódalas persoas con HOSPITALIDADE.

Pedímoslle a Sheila Colom, unha das monitoras da rede, que nos comparta en primeira persoas como transcorreu o encontro:

Se tivese que describir a proposta de Mugetatik Haratago, botando man dunha soa palabra, esta sería, sen dúbida, “necesaria”. Atopámonos nun momento no que os rumores e os mitos sobre as persoas migrantes aseñoran as nosas conversas cotiás, reforzándose e replicándose nun contexto político, económico e social vulnerable. E daquela, chega Mugetatik Haratago, e faino con forza, utilizando unha metodoloxía diferente e valéndose dunha ampla diversidade de recursos. Con datos, testemuñas, espazos de reflexión e actividades vivenciais non só nos axuda a combater a desinformación, senón que nos serve para xerar empatía coa que mudar de vez a visión e o acompañamento dado ás persoas migrantes.

Para o grupo de begirales da Gazte Sarea, Mugetatik Haratago foi unha experiencia moi significativa. Permitiu que nos puidésemos achegar dunha forma máis vívida á realidade de moitas persoas que pasan por un proceso migratorio, ás emocións e reaccións que experimentan, as desigualdades de xénero que se acentúan e perpetúan e tódolos dereitos humanos que se vulneran durante este proceso.

Neste camiño, acompañáronnos begirales da rede que experimentaron na súa propia pel este proceso e quixeron compartir as súas vivencias. Amosáronnos que non existe unha única maneira de migrar e que cada persoa experimenta este proceso de xeito distinto. Sen embargo, tamén nos fixeron ser conscientes dunha parte en común, e é que, se recuperamos o percorrido das nosas familias neste país cunha historia tan importante de emigración, as causas sempre conservan certa similitude.

Tras tódalas experiencias e reflexións destes tres días, quedaba unha ineludible pregunta: e agora que? Que facemos? E a resposta, como non?, foi: “Incidir!”. Queremos continuar a facilitar espazos e ferramentas á xente nova para que se torne axente de sensibilización na súa contorna, queremos loitar polo respecto polos dereitos humanos tanto a nivel colectivo coma individual e, sobre todo, queremos continuar a amosar que a diversidade non resta, senón que nos enriquece e tórnanos máis fortes.

Moitas grazas de corazón ao equipo de Mugetatik Haratago por toda a vosa axuda!