A solidaria iniciativa de Rozalén: “Aves enjauladas”

A cantautora e activista Rozalén vén de compor un novo tema, “Aves enjauladas ” , no marco da crise global provocada pola COVID-19. Un tema solidario e optimista, no que se pon en valor aprender do que estamos a experimentar “para volver con máis forza”, e que  quixo dedicar a Entreculturas.

Cada reprodución en  Youtube,  Spotify  e  outras plataformas  apoiará a rede de pisos de acollida do Servizo Xesuíta a Migrantes (SJM) para familias, mulleres e infancia en situación de vulnerabilidade  e, concretamente, á rede de catro pisos situada en Valencia. Ademais de apoiar as súas necesidades básicas (alimentos, vivenda, medicamentos, transporte …), a súa autonomía e emancipación dos recursos sociais foméntanse a través de espazos de apoio mutuo con outras mulleres e atención psicolóxica especializada. Cando remate o réxime de confinamento no que nos atopamos, o apoio continuará para que poidan retomar os seus cursos de inserción sociolaboral.

A canción de Rozalén a favor de Entreculturas e a rede de pisos de acollida atendidos polo SJM en Valencia é un agasallo no medio da pandemia e tamén nos permite render homenaxe e ter presentes as persoas máis vulnerables e a fraxilidade que supón vivir esta crise en condicións de exclusión.  

“Aves enjauladas” forma parte da colaboración de Rozalén e Beatriz Romero con Entreculturas a favor de nenas e mulleres vítimas de violencia, refuxiados e proxectos de cooperación internacional que puideron visitar xunto con varias organizacións locais da rede Entreculturas en  Guatemala  e  Chad  .

Tamén se habilitou unha canle de doazón ao proxecto para colaborar e dar esperanza aos beneficiarios do proxecto en situación de especial vulnerabilidade.