Migracións e Fronteiras desde a realidade asturiana

A Comisión de Hospitalidade da PAL de Asturias organizou o pasado xoves 7 de febreiro a II MESA REDONDA SOBRE MIGRACIÓNS E FRONTEIRAS, dentro das campañas de sensibilización que decorren ao longo do ano.

Esta segunda mesa tivo como marco a Aula Magna da Universidade de Oviedo, onde expuxeron os seus testemuños sobre os seus procesos persoais e integración na sociedade asturiana, Keita Famanzon de Mali e Daniel Díaz de Colombia. Acompañáronos na mesa, Francisco José Villaverde, Director da Axencia Asturiana de Cooperación; e  David  Alonso,  especialista  en  cooperación  internacional  e Director de Persoas e Organización na ONG Entreculturas. Exerceu como moderador Francisco Javier Alexandre, da Comisión de Hospitalidad Asturias.

O relato de Keita Famanzon da súa viaxe desde Mali ata chegar ás Canarias e posterior traslado a Asturias, unido ao do colombiano Daniel Díaz e os seus proxectos de voluntariado con países iberoamericanos, xa como residente en España, fixeron que o público asistente puidese facerse cunha visión próxima do problema migratorio. No apartado de preguntas ao público, sucedéronse testemuños de cidadáns emigrantes residentes en Oviedo que contribuíron a sensibilizar a todos sobre esta realidade que é hoxe a emigración.