Migrantes, paradigma do noso tempo

No marco da Xornada Mundial do Migrante e Refuxiado 2019, a Rede Migrantes Con Dereitos (formada por Cáritas, CONFER -no que se integra o Sector Social da Compañía de Xesús-, Justicia y Paz, e a Comisión Episcopal de Migracións) convidou a Mons. Santiago Agrelo, Arcebispo Emérito de Tánxer, para impartir unha conferencia na Universidade Pontificia Comillas.

As palabras de Mons. Agrelo resoaron con forza e contundencia, sobre todo ao afirmar que “os emigrantes son a evidencia dun mundo inxusto, perverso, atravesado por unha violencia institucionalizada contra os pobres”, e que “na barca da nosa vida, a pobreza é o evidente. E, para que Cristo Xesús sexa o nome da nosa esperanza, só precisamos a axuda da fe”.

Na mesa acompañárono José Luis Pinilla S.J, director da Comisión Episcopal de Migracións, Jesús Miguel Zamora, secretario xeral da CONFER e Alberto Ares S.J, director do Instituto Universitario de Estudos sobre Migracións.

PODES VER AQUÍ O VÍDEO COMPLETO DA CONFERENCIA DE MONS. AGRELO

CONSULTA AQUÍ A TRANSCRICIÓN COMPLETA DA CONFERENCIA DE MONS. AGRELO