Novo espazo de acollida de Hospitalidad en Valencia

O programa de Hospitalidad en Valencia comezou o seu desenvolvemento coa certeza de que esta iniciativa era de tódalas persoas vinculadas á Compañía na cidade.

En tres anos, o proxecto de casas de acollida, confiado ao equipo técnico do SXM Valencia, foi crecendo en voluntariado, en recursos e en persoas acollidas.

Foto: Kristóf Hölvényi / JRS

#SomosTierradeAcogida tamén é #AcogemosEnCompañía porque o proxecto sostense con voluntariado e apoio financeiro de persoas amigas da Compañía de Xesús (e da Provincia) e porque non sería posible sen a cesión de espazos por parte da Plataforma Apostólica, como a antiga residencia das relixiosas na casa de Exercicios da Purísima e a antiga comunidade de Campanar (na foto).

Este ano o “neno Deus” trouxo un enorme agasallo. Si, este ano a Natividade adiantouse cos seus agasallos á Epifanía e desde o 26 de decembro o programa de Hospitalidade en Valencia conta cun novo espazo de acollida. Dúas familias refuxiadas xa comparten unha das “casiñas” das Escolas Profesionais de San José.

2020 comeza con espazos que xerminan #EnCompañía: a cesión do espazo polas Escolas, o donativo da comunidade e as doazóns de mobiliario da familia ignaciana fan posible que “ensanchemos as cordas da nosa tenda” para acoller.

O equipo do SXM, como parte da Plataforma Apostólica Social de Valencia, comeza o ano con agradecemento, compartindo esta boa nova, e desexándovos unha feliz Esperanza para 2020.