O mundo está a vivir a maior crise de refuxiados desde a Segunda Guerra Mundial. Conflitos enquistados, como en Siria, Afganistán ou o corno de África, están a producir a fuxida continua de poboación civil, que busca salvar a vida e ter futuro.
Esta realidade interpélanos e obríganos a reflexionar sobre a nosa capacidade de acollida, a nosa capacidade de empatía co sufrimento e a nosa capacidade de cooperación coas causas que orixinan tanto dor, desigualdade e inxustiza.
Por iso, as organizacións do Sector Social da Compañía de Xesús queremos sumar o noso coñecemento e o noso traballo para a promoción dunha cultura de solidariedade e inclusión coas persoas migrantes e refuxiadas. A través da acollida, a cooperación, a incidencia, a sensibilización e a educación, queremos xerar un espazo de comprensión, acompañamento, apoio e benvida.
As organizacións do sector social da Compañía de Xesús traballamos fundamentalmente en tres prioridades: as migracións, a cooperación internacional e os menores e mozos en risco de exclusión social. Tamén estamos presentes noutras áreas afíns á nosa misión con diversos colectivos en exclusión social.
Descarga o Anuario da Compañía de Xesús 2016 centrado no mundo dos refuxiados, os desprazados e todos os que teñen que abandoar forzosamente o seu país a causa da guerra, da fame e da persecución.