Solidariedade co pobo venezolano

Entreculturas participou o pasado 28 e 29 de outubro,  na primeira Conferencia Internacional de Solidariedade coa migración venezolana e os países que os acollen, convocada pola Unión Europea, o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) e a Organización Internacional para as Migracións (OIM) e celebrada en Bruxelas.

A comunidade internacional estivo representada na Conferencia coa asistencia de 500 persoas en nome dos gobernos latinoamericanos, varios estados membros da Unión Europea, Estados Unidos e outros países doadores, o Parlamento Europeo, os bancos de desenvolvemento e outras institucións financeiras internacionais, axencias das Nacións Unidas, fundacións e ONGs, a Igrexa e empresas, entre outros. O seu obxectivo era dar visibilidade á gravidade da situación, explicando claramente o que ocorre e porque cómpre incrementar urxentemente a axuda internacional.

A crise de Venezuela provocou o maior desprazamento de persoas en Latinoamérica na súa historia recente e as súas cifras representan xa a segunda crise migratoria do mundo. 4,5 millóns de persoas venezolanas abandonaron o país nos últimos anos, pero, ademais, estímase que a cifra aumente a 6,5 millóns a finais de 2020. As cifras de migrantes e refuxiados non paran de crecer e os que saen do país fano en situacións cada vez máis precarias.

O 82% dos migrantes e refuxiados venezolano están a quedar nos países da rexión, que son, á súa vez, economías fráxiles e receptores eles mesmos de axuda internacional. Todos estes países mencionaron a necesidade urxente de contar con medios para escolarizar miles de nenos, a necesidade de incorporar os mozos e mozas aos sistemas nacionais de formación técnica, ou as dificultades para acelerar a convalidación de títulos e colexiaturas. Xunto á atención humanitaria, todos os países latinoamericanos teñen posta a mirada na integración e contan con que a poboación venezolana chegou para quedar. 

Entreculturas foi convidada á Conferencia polo traballo humanitario que estamos desenvolver na rexión en asociación co Servizo Xesuíta a Refuxiados (JRS) e Fe y AlegríaCanda outras ONG, Entreculturas achegou un posicionamiento conxunto sobre os aspectos máis importantes observados para mellorar a resposta humanitaria.

 

AQUÍ PODES LER O COMUNICADO CONXUNTO DE ONG NO QUE PARTICIPOU ENTRECULTURAS

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A CONFERENCIA