Obradoiros de Hospitalidade no Colexio Inmaculada de Alacante

O Colexio Inmaculada Xesuítas de Alacante organizou unha serie de obradoiros para achegar o traballo e o espírito da campaña Hospitalidade ao alumnado do centro educativo, no espazo de actividades da exposición fotográfica Somos Migrantes, que se instalou na Igrexa do Colexio desde a pasada semana e ata o próximo 22 de xaneiro.

Os e as estudantes de 3º e 4º de ESO, e 1º e 2º de Bacharelato do Colexio asistiron a un obradoiro sobre a realidade das migracións e das persoas que se ven forzadas a fuxir a outros países, coa participación de Cecilia Villarroel, coordinadora de Entreculturas na Comunidade Valenciana; e Daniel Martínez, responsable de sensibilización da campaña. As palestras, na que os alumnos puideron tamén participar de forma activa con un xogo sinxelo e con quenda de preguntas, pecháronse coa visita do alumnado á mostra fotográfica na Igrexa do centro educativo.

Unha oportunidade para traballar co alumnado a realidade das persoas migrantes, coñecer de forma próxima as cifras oficiais de migración que axudan a desmitificar algunhas percepcións preestablecidas, así como a romper barreiras mentais que nos impiden coñecer e abrir a porta ao estranxeiro. Esta actividade foi posible grazas ao esforzo da delegación de Entreculturas de Alacante e ao profesorado do centro implicado nesta delegación.