Terceiro ano de Hospitalidade: Memoria 2018

O ano 2018 foi de novo un período de construción e promoción dunha cultura de solidariedade e hospitalidade. Inspirados polos catro verbos do Papa Francisco para as persoas migrantes e refuxiadas –acoller, promover, protexer e integrar-, camiñamos por terceiro ano consecutivo na loita pola xustiza social, a acollida e inclusión destas persoas, desde a experiencia das obras xesuítas nos diferentes ámbitos de actuación (cooperación, acollida, sensibilización e incidencia).

Facer memoria do vivido e traballado é o mellor xeito de tomar forzas para continuarmos a defender unhas políticas europeas e nacionais que garantan e respecten os dereitos humanos fundamentais; e para continuar a xerar unha cultura de Hospitalidade na nosa sociedade. Presentámosvos a Memoria Anual de Hospitalidade 2018, un ano en que acollemos mais de 280 persoas en máis de 50 iniciativas; acompañamos máis de 3.300 persoas en procesos de integración social e celebramos máis de 280 actos públicos de sensibilización e incidencia en máis de 45 lugares do territorio.


MEMORIA 2018 (galego)

MEMORIA 2018 (castelán)