Tempo para a Paz e a Hospitalidade en Bilbao

O mércores 30 de xaneiro daba comezo no colexio a Nosa Señora de Begoña-Jesuitak Indautxu de Bilbao o Tempo para a Solidariedade, TPS. O colexio atópase no segundo ano de proxecto que xira ao redor dos movementos migratorios mundiais e a súa abordaxe en clave de Hospitalidade sumándose deste xeito á campaña polo que o denominan agora  Tempo para a Paz e a Hospitalidade.

O fio condutor deste ano foron os movementos migratorios que ocorren desde o centro de África (Sudán, Chad, Congo, Senegal…) ata chegar a Nador (Marrocos), como paso previo ao noso país e a outros países de Europa.

A primeira semana, a da Paz, comezou o mércores 30 de xaneiro, coincidindo co día escolar da Paz e a Non Violencia. Durante a segunda semana, a da Hospitalidade, realizaron un xesto conxunto no pavillón, o venres 8 de febreiro ao comezo da mañá, no que foi lido un manifesto da Comunidade Educativa.

O alumnado do centro representou un camiño de terra que chega ata Nador e ao que acompaña a exposición Somos Migrantes-Migratzaileak, ao longo o cal reflexionaron acerca dossoños que empurran ás persoas a emigraren e recollérono nuns calcetíns que meteron en zapatos vellos que trouxeron ao cole. Tamén profundaron e investigaron en torno ao labor do Servizo Xesuíta a Migrantes.