Unha vaga de solidariedade coas persoas refuxiadas e migrantes percorreu as rúas de Pamplona

Da man da ONG ALBOAN, o colexio San Ignacio, e o Centro Loyola, o domingo 8 de outubro a capital navarra amosou o seu lado máis solidario coas persoas refuxiadas e migrantes. Centos de menores e adultos marcharon pola cidade e compartiron un xantar solidario para dar resposta a unha “realidade de dor que nos interpela”.

A xornada comezou cunha eucaristía na igrexa da Inmaculada. Despois dun “bocata solidario” nas instalacións do Colexio San Ignacio, centos d estudantes, pais, nais, profesorado, e moitas persoas máis marcharon polo centro da cidade detrás dunha pancarta de Hospitalidad camiño da antiga estación de autobuses.

37612917381_3b9a502d26_k

Alí os mais pequenos participaron en obradoiros de chapas, pintacaras, postos de globos, xabóns, marcapáxinas e pedras, etc para despois deixar paso ao xantar solidario.

Mateo Aguirre SJ, adxunto á dirección de ALBOAN e Ángel Ortiz de Orbina SJ, director do Centro Loyola, dirixiron unhas palabras ás máis de 400 persoas alí congregadas que degustaron un menú a base de arroz e peixe, e gozaron dunha sobremesa amenizadas pola coral  “Las voces de los Burgos” e o grupo “Los habituales”.

En definitiva, unha xornada redonda de solidariedade e de celebración, que se enmarca na campaña Hospitalidad propulsada polas organizacións do Sector Social da Compañía de Xesús.

O diñeiro recadado destinarase a apoiar a Rede Xesuíta con Migrantes de Centroamérica no seu labor de acollemento de persoas migrantes nos países de tránsito e destino. A devandita Rede cobre as necesidades básicas de hospedaxe e comida. Ademais acompaña tanto en cuestións legais de refuxio, coma no apoio psicolóxico a estas persoas vítimas do desprazamento forzado.

VE O VÍDEO DA XORNADA

VISITA O ÁLBUM DE FOTOS