Vixilias Solidarias: Non Máis CIE

Este sábado 19 de xaneiro celebramos vixilias solidarias en homenaxe ás persoas encerradas en CIEs nas tres cidades: Barcelona, onde o evento virou unha cita de referencia; Madrid, que por segundo ano celebrou o acto de silencio e oración; e Sevilla, onde por vez primeira se organizaba. Nas tres cidades as entidades da Rede SXM (Fundació Migra Studium en Barcelona, Pueblos Unidos en Madrid, e Asociación Claver en Sevilla) participaron na organización dos eventos.

Barcelona

Unhas 200 persoas reuníronse este sábado 19 de xaneiro diante das portas do Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) da Zona Franca de Barcelona. Foi a quinta edición dunha vixilia de oración que organiza o grupo de visitas ao CIE da Fundación Migra Studium (Servizo Xesuíta a Migrantes), e que contou coa adhesión dunha vintena de entidades.

A concentración insistía de novo no carácter profundamente inxusto dos CIE, e alertaba sobre a intención do actual goberno de abrir outros novos. Tal e como se leu na benvida, os CIE provocan un sufrimento inútil e están construídos expresamente para humillar, criminalizar e estigmatizar o conxunto da poboación migrada, tentando formar na opinión pública a idea de que só se expulsa a delincuentes perigosos. Perante isto a vixilia de oración reivindicaba a dignidade das persoas “sen papeis”, os solicitantes de asilo, os apátridas… unha dignidade que teñen só polo feito de seren persoas.

A primeira parte da oración consistiu na lectura dos testemuños recollidos polos voluntarios e voluntarias de Migra Studium que visitan o Centro de Internamento. Os casos de Salah, Mamdou, de Alí, Kiri e outras historias anónimas. Todos estas testemuñas, escoitas en silencio, ás mesmas portas do CIE, resoaban a dor, a dignidade e a determinación. “Sempre actuei no “camiño recto” aprendino de meus pais e da miña relixión. Por iso sinto moita vergoña de estar nunha prisión” di Salah, que levaba case vinte anos a vivir en Lleida, e que foi expulsado a un país co que xa non tiña relación ningunha. Ou a voz de Kiri: “chegamos a un mundo de palabras escritas en papel mollado: welcome, benvido…, palabras que visten de bondade unha situación de inxustiza. A miña vida desde que cheguei foi solitaria, pendente sempre do risco de ser expulsado”. Ou o drama dun rapaz de Guinea Conakry que perdeu o irmán pequeno no traxecto.

Na segunda parte da oración léronse textos relixiosos da Biblia e mailo Corán. A oración chegou a termo coa lectura do evanxeo (Mt 25, 35) “Porque tiven fame, e me destes de comer; tiven sede e déstesme de beber; fun forasteiro e acolléstesme”, acendéndoas e co canto do Pai Noso.

A frialdade do atardecer, a frialdade dos muros, dos cercados e o afastado do lugar serviron a todos os que se achegaron á Zona Franca para tomar conciencia dun dos moitos buratos negros de inxustiza e sufrimento que xera o noso mundo. Desta frialdade, porén, xurdía un berro unánime: Non máis CIE, non máis sufrimento inútil.

Madrid

O pasado sábado 19 de xaneiro, o Centro Pueblos Unidos-Fundación San Juan del Castillo e o Servizo Xesuíta a Migrantes (SJM) organizaron por segundo año a vixilia solidaria en homenaxe ás persoas encerradas nos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIE) co título de ‘Non Máis CIE’. Unhas 80 persoas congregáronse na praza do metro de Aluche, moi próxima á localización do recinto. Participaron entidades sociais da Igrexa que se agrupan nas redes de Migrantes con Dereitos e a Mesa pola Hospitalidade de Madrid.

Durante o acto leuse un posicionamento da entidade para promover o peche destes centros e procurar alternativas máis respectuosas cos dereitos humanos. Insistiuse na inxustiza de encerrar a persoas que non cometeron delito ningún nestes centros que na práctica “funcionan como cárceres” Un grupo de músicos africanos con vivencias pasadas en fronteira e en CIE, e usuarios de Pueblos Unidos, amenizou o evento interpretando cancións de reflexión sobre a relación entre Europa e África e sobre a inhumanidade dos centros.

Numerosas persoas próximas a Pueblos Unidos participaron nas diferentes lecturas, entre elas Iván Lendrino, director; José Luis Segovia, vicario de Pastoral Social de Madrid; ou Brígida Moreta, responsable de Baobab. Recitouse poesía e léronse tamén diversos testemuños de persoas internas. Para rematar, tivo lugar un momento de oración común en silencio mentres se acendían candeas en homenaxe ás persoas privadas de liberdade. Malia a mañá fría en Madrid, foron moitas as persoas que se achegaron para compartir un berro común: non queremos máis CIE.

Sevilla

O domingo 19 de xaneiro en pleno centro de Sevilla (Praza Virgen de los Reyes, ás costas da Catedral de Sevilla) realizouse o acto reivindicativo Círculo de Silencio e Vixilia de oraciónNo más CIE”, malia o orballo permanente que durou case o día todo.

Este acto promovido polo SXM en Sevilla en colaboración coa Delegación Diocesana de Migracións, grazas á implicación do sacerdote Joaquín Castellón, contou coa colaboración de diversas organizacións, entre elas, Cáritas Diocesana de Sevilla e a súa casa de acollida Proxecto Nazaret, así como con membros da HOAC Sevilla, diversas parroquias como a da Santa Cruz, e congregacións relixiosas como as Hermanitas de la Asunción.

Nela leuse o posicionamento No más CIE elaborado polo SXM e instou á non apertura de novos CIEs en Andalucía, que xa acolle dous, un en Alxeciras e o outro, en Tarifa. Igualmente, pediuse rematar con esta institución que é fonte de vulneración de dereitos e sufrimento inútil. Finalmente, contouse cun músico peruano que interpretou o Aleluya de Leonard Cohen en frauta de pan e cantouse o poema canción “Desde el otro lado” escrito por José Antonio Delgado Millán.