Volvemos a camiñar: #CaminosDeHospitalidad

O poder de Camiñar: #CaminosDeHospitalidad 

Este ano volvemos camiñar en Hospitalidad.es. Europa decide o próximo 26 de maio se
promove políticas baseadas no respecto polos dereitos humanos ou se o avance dos
discursos e propostas xenófobas e populistas suporá un retroceso no traballo pola
acollida e a inclusión.

Queremos de novo saír a camiñar e expresar que cremos nunha Unión Europea de
dereitos que traballa pola igualdade, a protección, a liberdade e a dignidade da súa
cidadanía, incluíndo as persoas migrantes e refuxiadas.

O pasado ano máis de 2.000 persoas percorreron 25.000 quilómetros inspirados polo
labor do pai xesuíta Frans van der Lugt. Os camiños convertéronse nunha mostra de
encontro intercultural, un espazo de compartir e coñecer, coa vontade de traballar xuntos
no percorrido da solidariedade e a hospitalidade coas persoas que foxen da violencia.
Cremos no poder de camiñar para construír unha Europa máis inclusiva e solidaria.


VISITA AQUÍ A NOVA WEB DE CAMINOS DE HOSPITALIDAD