Esta Política de Cookies forma parte integrante das Condicións Xerais e da Política de Privacidade. O acceso e a navegación no sitio, ou a utilización dos seus servizos, implican a aceptación das Condicións Xerais (e polo tanto da Política de Privacidade e Política de Cookies). Por favor, léaas atentamente.
Agradecemos que decidise visitarnos. Queremos que a súa experiencia neste sitio sexa a mellor posible, por iso, redactamos esta PolÍtica de Cookies da forma máis clara posible.
As cookies son ficheiros que conteñen pequenas cantidades de información que se descargan no dispositivo que utiliza o usuario cando visita un sitio web. A súa finalidade principal é recoñecer o usuario cada vez que accede e tamén nos permite mellorar a calidade e usabilidade da nosa web.
As cookies son esenciais para que Internet funcione; non poden danar o equipo/dispositivo do usuario e, se están activadas na configuración do seu navegador, axúdannos a identificar e resolver posibles erros de funcionamento.
Hai diferentes tipos de cookies. Todos eles traballan do mesmo xeito, pero existen pequenas diferenzas:
Uso de cookies por parte de www.entreculturas.org.
A través do acceso a www.entreculturas.org, acepta expresamente que poidamos utilizar este tipo de cookies nos seus dispositivos. Se desactiva as cookies, é posible que a súa navegación non sexa óptima e algunhas das utilidades dispoñibles pode que non funcionen correctamente.
Co fin de recoñecer e proporcionar un mellor servizo, o noso sitio utiliza propias. As vantaxes de aceptar estas cookies tradúcense nun aforro de tempo. Así mesmo, tamén se poden utilizar para recoñecelo entre visitas sucesivas e así adaptar o contido que se amosa; obter información sobre a data e a hora da súa última visita, medir algúns parámetros de tráfico dentro do propio sitio e estimar o número de visitas realizadas, para que os servizos e as promocións se poidan centrar e axustar dunha forma máis efectiva.
Ningunha cookie pode extraer información do seu disco duro ou roubar información persoal. Ningunha cookie permite contactalo co seu número de teléfono, enderezo de correo electrónico ou calquera outro medio de contacto, nin pode danar o seu equipo.
Cookies estritamente necesarias
b) Cookies de Google Analytics
O sitio utiliza o servizo Google Analytics, que é proporcionado por Google, Inc., unha entidade cuxa sede principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos (“Google”).
Google Analytics utiliza cookies para axudarnos a analizar o uso que fan os usuarios do sitio. A información xerada pola cookie sobre o uso do sitio (incluíndo o seu enderezo IP) será directamente transmitida e almacenada por Google nos seus servidores nos Estados Unidos. Google utilizará esta información no noso nome co fin de rastrexar o uso do sitio, compilar informes sobre a actividade do sitio e proporcionar outros servizos relacionados coa actividade do sitio e o uso de Internet. Google pode transmitir esta información a terceiros cando o requira a lei ou cando estes terceiros procesen a información en nome de Google. Google non asociará o seu enderezo IP con ningún outro dato do que dispoña Google.
Se o desexa, pode rexeitar o tratamento de datos ou información rexeitando o uso de cookies a través da selección da configuración adecuada no seu navegador. Non obstante, se o fixer, é posible que non poida aproveitar a plena funcionalidade deste sitio.
Ao usar este sitio, consente o tratamento da súa información por parte de Google na forma e para os fins indicados anteriormente.
Dende Fundación Entreculturas Fe y Alegría e en cumprimento da normativa legal vixente, facilitámoslle a información que lle permita configurar o seu navegador/navegadores de Internet para manter a súa privacidade e seguridade en relación coas cookies. Por este motivo, facilitámoslle a información e ligazóns aos sitios de soporte oficiais dos principais navegadores para que poida decidir se desexa ou non aceptar o uso de cookies.
Así, pode bloquear as cookies a través das ferramentas de configuración do navegador ou configurar o navegador para que o avise cando un servidor queira gardar unha cookie: