Empobrecemento e desigualdade; falta de acceso aos recursos vitais; e o cambio climático provocan que máis de 100 millóns de persoas se vexan obrigadas a moverse polo mundo. Deleas, máis de 26 millóns son refuxiados en países distintos do seu país de orixe.
Este ano, queremos que os Camiños de Hospitalidade sexan Camiños da Paz. As persoas refuxiadas non queren fuxir de ningún sitio, só queren vivir en paz nos seus fogares. Construír o futuro entre todos só é posible se xerarmos unha cultura de hospitalidade, solidariedade e inclusión baseada na Paz.
Precisamos medidas políticas que garantan a protección e a acollida das persoas desprazadas forzosamente.
Consulta as nosas 10 demandas aos e as representantes do goberno.
Cunha pequena achega podes colaborar coa rede Hospitalidad e axudarnos a seguir sensibilizando para conseguir políticas xustas, e a seguir acompañando e acollendo as persoas que necesiten protección.
Fai o teu proprio camiño de hospitalidade ou únete a algunha das iniciativas do grupo. Comparte a túa foto nas redes sociais e a túa mensaxe pola Paz:
#CamiñosDePaz