Queres saír a camiñar pola hospitalidade e a esperanza?

10 xeitos de camiñar

Presentámosche 10 exemplos de xeitos de camiñar para que atopes a inspiración e así sumes o teu camiño.

01.

CAMIÑOS DE HOSPITALIDADE. Durante estes últimos anos, celebramos centos de actividades de Camiños de Hospitalidade en España e noutros lugares de Europa, nas que participaron milleiros de persoas en decenas de cidades. Aquí podes ver o exemplo das actividades do ano pasado e, neste vídeo, como 2000 persoas percorreron máis de 5000 quilómetros pola hospitalidade en España no ano 2018.

02.

CARAVANA CULTURAL POLA HOSPITALIDADE. Unha iniciativa que nace en 2016 na Universidade Católica do Táchira canda o JRS Venezuela e a RAIF. É un proxecto artístico-social itinerante que promove a solidaridade, fraternidade e hospitalidade en visitas a comunidades da fronteira colombo-venezolana.

03.

FESTIVAL CULTURAL POLA HOSPITALIDADE. Trátase dunha acción que se desenvolveu en 2018 no marco do Foro Social Mundial das Migracións en México para o encontro e celebración cultural que nos permitiu o contacto e recoñecemento mutuo con persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas do mundo e a celebración da vida.

04.

OTRO PASSO MÁS. Con motivo do Día das Persoas Migrantes de 2021, creouse unha app coa canción Otro Passo Más, cuxa letra se crea a partir dos testemuños das persoas migrantes forzadas, desprazadas e refuxiadas, e que só podes escoitar se camiñas. Esta acción busca sumar os pasos coas persoas forzadas a migrar en distintos lugares e sermos conscientes da importancia de poñernos en movemento para avanzar.

05.

CARAVANA POLA HOSPITALIDADE. Trátase dun percorrido polas Américas para promover unha cultura de acollida e encontro realizando paradas en comunidades da rexión que reciben persoas migrantes e refuxiadas. É unha acción itinerante da Rede Xesuíta con Migrantes, en colaboración cos Servizos Xesuítas a Persoas Migrantes e Refuxiadas e demais obras e institucións vinculadas coa Compañía de Xesús e aliadas.

06.

XANTARES COMPARTIDOS. Trátase de distintas iniciativas que xiran derredor dunha mesa á que sentar, compartir a comida e propiciar o coñecemento e o intercambio de experiencias de vida. Encontramos exemplos como «La Mesa de Todos» de SJM Chile, a experiencia Bizilagunak («A familia do lado») no País Vasco ou «Arte y sancocho comunitario» impulsado polo JRS LAC na fronteira colombo-venezolana.

07.

CARREIRAS SOLIDARIAS. Outra iniciativa que promove a cultura da inclusión e a hospitalidade son as carreiras populares solidarias como as que anualmente celebran Alboan e Entreculturas co título «Corre por unha Causa» en distintos puntos de España, ou a carreira «Venciendo Fronteras» impulsada pola Universidade IBERO de México.

08.

HACKATHÓN SOCIAL. Co título de «Mentes sin Fronteras», o JRS Colombia organizou este espazo de innovación social onde, durante 34 horas seguidas, estudantes, docentes e migrantes pensaron e deseñaron propostas de intervención e acompañamento á poboación en situación de mobilidade humana forzada venezolana en Bogotá, especificamente na terminal de transporte desta cidade.

09.

ESCOLAS QUE SE DIVIRTEN APRENDENDO. Dende hai anos, o JRS Europa promove CHANGE co obxectivo de educar a mocidade sobre as achegas positivas das persoas refuxiadas á sociedade e de animala a actuar para lograr unha mudanza nas súas escolas e comunidades locais. Encontramos múltiples exemplos, entre eles, un Kahoot intercolexial europeo, os diversos obradoiros sobre arte «Todos diferentes, todos iguais» ou sobre cambio medioambiental e migración, entre outros.

10.

MASCOTAS QUE XERAN HOSPITALIDADE. Non é doado canalizar as emocións no día a día cando se viven situacións de moito estrés e ansiedade. Por esa razón, o JRS Ucraína, dende o inicio da guerra, ten un novo membro no equipo: a cadeliña Jacqueline. Esta cadeliña converteuse nunha grande amiga para as nenas e os nenos dos nosos albergues, axudando a canalizar emocións, facilitando habilidades de comunicación e xerando sorrisos, apertas e esperanza.

Organízate con amizades, familia e xente achegada para encontrardes un lugar e unha data.

Convida outras persoas, veciñanza migrante, compañeiras e compañeiros da escola ou traballo, e goza dun día de encontro, de compartir vida. Non esquezas ler o noso manifesto e facer unha foto de familia que podes compartir en redes sociais co cancelo #AEsperanzaÉOCamiño.

Camiñamos por un
futuro de Esperanza.

© JRS
Coa participación de: