Presentamos #CaminosDeHospitalidad

2.000 persoas saen a camiñar 30.000 quilómetros de solidariedade con e polas persoas refuxiadas. A iniciativa #CaminosDeHospitalidad da campaña Hospitalidad.es celebra camiñadas de encontro intercultural canda as persoas migrantes e refuxiadas para reclamar a acollida e a inclusión na nosa sociedade.

Desde a campaña Hospitalidad.es, impulsada polo Sector Social da Compañía de Xesús, lanzamos a iniciativa de mobilización #CaminosDeHospitalidad. Unha serie de marchas terán lugar neste mes de xuño coas persoas migrantes e refuxiadas ás que acompañamos en diversas cidades de España. Unha forma de reivindicar unha sociedade que traballe pola acollida e a inclusión social destas persoas mediante unha actividade de encontro intercultural e de compartir as nosas experiencias.

Cremos que pola que millóns de persoas se viron forzadas a fuxir dos seus fogares, chegando ás nosas cidades. Non hai mellor homenaxe para estas persoas que a de pórmonos na pel delas e saírmos a camiñar unidos para demandarmos ás institucións que a nosa sociedade está comprometida a acoller e a construír un espírito de hospitalidade e solidariedade.

Esta iniciativa parte do traballo que o xesuíta Frans van der Lugt adoitaba levar a cabo en Siria. Durante máis de 40 anos, este sacerdote organizou marchas como forma de encontro interrelixioso e intercultural en Homs, coas diferentes comunidades da cidade.

Cando moitas desas persoas sirias procuraron refuxio en Alemaña, retomaron estes camiños, e agora queremos replicar esta acción no noso país. Os camiños axudan a sandar as feridas producidas pola persecución e a violencia e contribúen a dar visibilidade á situación das persoas migrantes forzosas e refuxiadas de España. Por riba de cristiáns, musulmáns ou agnósticos, nós vemos, ante todo, persoas.

Ao redor de  2.000 persoas percorrerán aproximadamente 30.000 quilómetros nas marchas que van ter lugar en varios territorios de España durante o próximo mes. Estas camiñadas están abertas a calquera persoa, incluídos os profesionais dos medios de comunicación que desexen facer seguimento in situ:

  • Madrid e Galicia: 2 de xuño.
  • Cataluña: Del 13 al 16 de xuño.
  • Asturias: 3 de xuño.
  • Alacante: 15 de xuño
  • P. Vasco e Navarra: 8 al 12 de xuño.
  • Valencia: 19 de xuño.
  • Sevilla: 9 y 10 de xuño.
  • Tenerife: 23 de xuño.

En moitos outros lugares terán lugar actividades de sensibilización na rúa como mostra de apoio a #CaminosDeHospitalidad. Queremos ser terra de acollida e xuntar as nosas forzas por unha sociedade que traballe pola plena integración destas persoas e a defensa dos seus dereitos e do acceso á cidadanía.

Novas anteriores

¿Quieres participar en esta iniciativa?

QUERES PARTICIPAR NESTA INICIATIVA?

VOLS PARTICIPAR EN AQUESTA INICIATIVA?

EKIMEN HONETAN PARTE HARTU NAHI DUZU?

DO YOU WANT TO PARTICIPATE IN THIS INITIATIVE?

Tu ayuda es fundamental para construir una cultura de solidaridad e inclusión con las personas refugiadas y migrantes.

A túa axuda é fundamental para construír unha cultura de solidariedade e inclusión coas persoas refuxiadas e migrantes.

La teva ajuda és fonamental per a construir una cultura de solidaritat i inclusió amb les persones refugiades i migrants.

Zure laguntza funtsezkoa da errefuxiatuekiko eta migratzaileekiko elkartasun- eta inklusio-kultura eraikitzeko.

Your help is essential to build a culture of solidarity and inclusion with refugees and migrants.

Skip to content